xoves, 11 de xuño de 2020

FEITO NA CASA

Antes de comezar coa clase de hoxe imos recordar un par de actividades que fixemos a semana pasada e que sairon moi chulas. O venres, 5-6-2020 foi o día mundial do medio ambiente, celebrámolo como amantes da natureza que somos cun montón de actividades. Aquí tedes o video que fixo a profe Mari de infantil coas fotos que lle mandastes:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmestremanuelgarcia/
Recordamos tamén a actividade dos XOGOS DE OBSERVACIÓN do xoves, 4-6-2020 na que acertaron Adrián, Alba, Carme, Lucía e Noa de 2º; Hugo P. e Leire de 4º; María D. de 5º e Nico de 6º de primaria. Parabéns a todos e todas sodes moi observadores.
Agora que vai rematando o curso deixámosvos unhas recomendacións para facer xoguetes na casa con material de refugallo. Animádevos a xogar!
COMO FACER UNHA RAQUETA DE BADMINTON: este xogo xa o fixo Ainara de 6º de primaria e quedoulle moi chulo.
https://www.youtube.com/watch?v=UKRWfqLkjLs&feature=emb_logo
COMO FACER UNHA INDIAKA:
https://www.youtube.com/watch?time_continue=34&v=9pKd9HFCA-s&feature=emb_logo
COMO FACER UN DISCO VOADOR:
https://www.youtube.com/watch?time_continue=4&v=zZGxMGvn2-M&feature=emb_logo

mércores, 10 de xuño de 2020

BENEFICIOS DO DEPORTE

Qué vos parece a imaxe? O deporte non só mellora o noso corpo, ademáis mellora o cerebro. Prepararvos para un adestramento combinando exercicio e lectura. 
  • ESPAZO: Precisamos dun espazo ao aire libre onde poidamos correr, saltar e facer algúns dos exercicios que xa coñecemos.
  • MATERIAL: ademáis da roupa e calzado deportivo, usaremos unha comba, unha colchoneta e  un cronómetro.
  • ADESTRAMENTO: Despois dun bo quecemento comezaremos o xogo. Trátase de facer exercicio intenso durante 1 minuto e nada máis rematar, sen descanso, colleremos a imaxe dos trabalinguas e leremos en voz alta procurando non trabarnos. Preparados? Listos? Adiante!
  • EXERCICIOS: Elixe algún destes exercicios, podes facer o xogo varias veces cambiando de exercicio
    Carreira continua 1'
Saltar a comba 1 minuto
sentadillas e salto 1'
O escalador 1'
  •  TRABALINGUAS: Sen descansar debes ler os trabalinguas da imaxe en voz alta
     
    Qué tal lestes? É algo máis difícil que facelo en reposo? Se vos gustou o xogo repetídeo varias veces e animade a alguén máis da familia a que probe.

martes, 9 de xuño de 2020

AVALIACIÓN


TAREFAS 3ª AVALIACIÓN

1º e 2º de PRIMARIA


3º e 4º de PRIMARIA


5º e 6º de PRIMARIA

TAREFAS recomendadas nos
TEST DE CAPACIDADE FÍSICAS
ou calquera dos exercicios de ADESTRAMENTO DEPORTTIVO


É recomendable mandar a lo menos un arquivo para facer unha boa avaliación,
indicar sempre nome e curso para poder identificar as tarefas.

5º e 6º de primaria entregarán as tarefas a través da plataforma EDIXGAL.
De 1º a 4º de primaria a entrega de tarefas farase no correo electrónico

Chega o fin de curso e temos que avaliar o que fixemos durante este curso.  
Xa temos moitos arquivos de alumnado que segue diariamente este blog pero aínda hai moitos nenos e nenas dos que non tivemos noticias durante todo o confinamento. Podedes enviar videos, fotos ou un simple texto para contarnos o que fixestes esta último trimestre. Ánimo e forza que xa non queda nada para rematar o curso.




venres, 5 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

https://www.un.org/es/observances/environment-day
Hoxe 5 de xuño de 2020 celébrase o día mundial do medio ambiente, proposta feita pola ONU. O lema deste día é A HORA DA NATUREZA. Debemos saber que sin a natureza non existirían nin a gran variedade dos alimentos que tomamos, nin o aire que respiramos, nin a auga que bebemos, nin o clima que fai posible a nosa vida no planeta. 
Para aprender un pouco máis sobre a natureza e a biodiversidade fai clic na imaxe.
https://www.worldenvironmentday.global/did-you-know/take-quiz

Imos propoñer dúas actividades de Educación Física para celebrar este día:
  1. Procurar xerar o menor lixo posible e ser moi coidadosos cos residuos que xeramos:
  2. Saír á natureza esta fin de semana e darlle unha aperta a unha árbore que nos guste:
Agora unhas recomendacións ximnáticas:
XOGOS DE RECICLAXE: Utiliza material de refugallo para facer os seguintes xogos
CIRCUITO DE COCHES
RODAR E COLAR
ADESTRAMENTO DEPORTIVO:
Elixe 2 exercicios e repite a serie 2 veces.

xoves, 4 de xuño de 2020

XOGOS DE OBSERVACIÓN

Antes de comezar co movemento queremos que prestedes atención a estas imaxes:



Si atopaches os erros podes deixar un comentario no blog e compartilo cos compañeiros e compañeiras.
Imos agora coas recomendación de movemento:
IOGA E BAILE:
SAUDAMOS AO SOL, recorda que este exercicio será de avaliación para 1º e 2º.
Unha canción que xa coñecemos para prepararnos que mañá é o día do medio ambiente.
ADESTRAMENTO DEPORTIVO: Imos coas rutinas para pornos en forma. (Atentos os de 5º e 6º que algún exercicio destes caerá na avaliación) 
Facemos 4 series de exercicios e descansamos 1 minuto entre unha e outra, adiante!!!
1 minuto
30 segundos
1 minuto cambiando de perna
30 segundos alternando dereita/esquerda

mércores, 3 de xuño de 2020

PAISAXES DENDE CASA

Aquí tedes as fotos do reto PAISAXES DENDE CASA, espero que vos guste:
Moitas grazas a todos e todas os que participastes e esperemos que dentro de pouco podamos facer fotos dende o colexio.
Seguimos cun xogo para por a proba a nosa habilidade como constructores e pilotos de avións de papel:
Este é un modelo que funciona moi ben, pero seguro que atopades moitos máis, investigade.
Unha vez teñades os vosos avións preparade unha pista para ver cal voa máis lonxe:
Imos agora a movernos un pouco que o verán está cerca e temos que estar en forma:
IOGA E BAILE:
Elixe 5 posturas das que aprarecen na imaxe e repíteas un par de veces cada unha, será un bo quecemento.
Como xa sabedes este será o baile para a avaliación de 3º e 4º, hoxe toca repasar un pouquiño.
XOGOS E DEPORTES:
https://www.youtube.com/watch?v=bxXqSCovlJ4&feature=emb_rel_end
https://www.youtube.com/watch?v=q5tOPBUXyrU
Exercicios de coordinación para principiantes, adiante!!!

martes, 2 de xuño de 2020

MUÉVETE EN CASA

https://www.rtve.es/alacarta/videos/muevete-en-casa/muevete-casa-programa-38-cardio-fuerza/5574784/
Empezamos a semana con este programa da televisión que de luns a venres ás 9 da mañá recoméndanos uns adestramentos. Ainda que son para maiores sempre podemos aproveitar algún exercicio ou consello, espero que vos guste. OLLO! recordade sempre que a intensidade dos exercicios depende de cada un/unha. Importante tamén manter unha postura correcta nos exercicios e levar a respiración acompasada (hai que sonarse antes de empezar a clase).
Pois imos cos contidos de hoxe:
XOGOS DE OBSERVACIÓN: A ver si sodes capaces de correr e facer un dictado, podedes xogar cun equipo ou si sodes moitos (10 como máximo) formar varios equipos e ver cal acaba antes.
Neste xogo taparémoslle os ollos a un participante e terá que ir recoñecendo ao resto só utilizando o sentido do tacto, teremos que estar moi caladiños para que non nos recoñeza pola voz.
https://penitenciasyretos.blogspot.com/2017/06/juegos-y-retos-de-observacion-atencion.htmlhttps://www.cerebriti.com/juegos-de-observaci%C3%B3n/tag/mas-recientes/
Clicando nas imaxes poderedes facer xogos de observación moi interesantes.
ADESTRAMENTO DEPORTIVO: Agora toca algo de deporte...
https://www.youtube.com/watch?v=og3412q_4Ec

FEITO NA CASA

Antes de comezar coa clase de hoxe imos recordar un par de actividades que fixemos a semana pasada e que sairon moi chulas. O venres, 5-6-2...