xoves, 11 de xuño de 2020

FEITO NA CASA

Antes de comezar coa clase de hoxe imos recordar un par de actividades que fixemos a semana pasada e que sairon moi chulas. O venres, 5-6-2020 foi o día mundial do medio ambiente, celebrámolo como amantes da natureza que somos cun montón de actividades. Aquí tedes o video que fixo a profe Mari de infantil coas fotos que lle mandastes:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmestremanuelgarcia/
Recordamos tamén a actividade dos XOGOS DE OBSERVACIÓN do xoves, 4-6-2020 na que acertaron Adrián, Alba, Carme, Lucía e Noa de 2º; Hugo P. e Leire de 4º; María D. de 5º e Nico de 6º de primaria. Parabéns a todos e todas sodes moi observadores.
Agora que vai rematando o curso deixámosvos unhas recomendacións para facer xoguetes na casa con material de refugallo. Animádevos a xogar!
COMO FACER UNHA RAQUETA DE BADMINTON: este xogo xa o fixo Ainara de 6º de primaria e quedoulle moi chulo.
https://www.youtube.com/watch?v=UKRWfqLkjLs&feature=emb_logo
COMO FACER UNHA INDIAKA:
https://www.youtube.com/watch?time_continue=34&v=9pKd9HFCA-s&feature=emb_logo
COMO FACER UN DISCO VOADOR:
https://www.youtube.com/watch?time_continue=4&v=zZGxMGvn2-M&feature=emb_logo

Ningún comentario:

Publicar un comentario

FEITO NA CASA

Antes de comezar coa clase de hoxe imos recordar un par de actividades que fixemos a semana pasada e que sairon moi chulas. O venres, 5-6-2...