venres, 5 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

https://www.un.org/es/observances/environment-day
Hoxe 5 de xuño de 2020 celébrase o día mundial do medio ambiente, proposta feita pola ONU. O lema deste día é A HORA DA NATUREZA. Debemos saber que sin a natureza non existirían nin a gran variedade dos alimentos que tomamos, nin o aire que respiramos, nin a auga que bebemos, nin o clima que fai posible a nosa vida no planeta. 
Para aprender un pouco máis sobre a natureza e a biodiversidade fai clic na imaxe.
https://www.worldenvironmentday.global/did-you-know/take-quiz

Imos propoñer dúas actividades de Educación Física para celebrar este día:
  1. Procurar xerar o menor lixo posible e ser moi coidadosos cos residuos que xeramos:
  2. Saír á natureza esta fin de semana e darlle unha aperta a unha árbore que nos guste:
Agora unhas recomendacións ximnáticas:
XOGOS DE RECICLAXE: Utiliza material de refugallo para facer os seguintes xogos
CIRCUITO DE COCHES
RODAR E COLAR
ADESTRAMENTO DEPORTIVO:
Elixe 2 exercicios e repite a serie 2 veces.

2 comentarios:

  1. Bos días Fran, son Leire de 4º.
    Eu tamén fagoos exercicios que colgaste co meu fisio Pedro os martes e os xoves. Facemos 4 rondas e descansamos un pouco entre cada unha.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Estupendo Leire, temos que pornos en forma que estivemos moitos días confinados e agora hai que prepararse para o verán.

      Eliminar

FEITO NA CASA

Antes de comezar coa clase de hoxe imos recordar un par de actividades que fixemos a semana pasada e que sairon moi chulas. O venres, 5-6-2...