mércores, 10 de xuño de 2020

BENEFICIOS DO DEPORTE

Qué vos parece a imaxe? O deporte non só mellora o noso corpo, ademáis mellora o cerebro. Prepararvos para un adestramento combinando exercicio e lectura. 
  • ESPAZO: Precisamos dun espazo ao aire libre onde poidamos correr, saltar e facer algúns dos exercicios que xa coñecemos.
  • MATERIAL: ademáis da roupa e calzado deportivo, usaremos unha comba, unha colchoneta e  un cronómetro.
  • ADESTRAMENTO: Despois dun bo quecemento comezaremos o xogo. Trátase de facer exercicio intenso durante 1 minuto e nada máis rematar, sen descanso, colleremos a imaxe dos trabalinguas e leremos en voz alta procurando non trabarnos. Preparados? Listos? Adiante!
  • EXERCICIOS: Elixe algún destes exercicios, podes facer o xogo varias veces cambiando de exercicio
    Carreira continua 1'
Saltar a comba 1 minuto
sentadillas e salto 1'
O escalador 1'
  •  TRABALINGUAS: Sen descansar debes ler os trabalinguas da imaxe en voz alta
     
    Qué tal lestes? É algo máis difícil que facelo en reposo? Se vos gustou o xogo repetídeo varias veces e animade a alguén máis da familia a que probe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

FEITO NA CASA

Antes de comezar coa clase de hoxe imos recordar un par de actividades que fixemos a semana pasada e que sairon moi chulas. O venres, 5-6-2...