sábado, 25 de abril de 2020

ACAMPADA

Xa estamos de fin de semana e que mellor diversión que marchar de acampada...ao salón, á terraza, ao cuarto ou calquer outro lugar da casa onde podamos montar a tenda de campaña. Se non tes nin tenda de campaña nin sacos de durmir non importa, cunhas sabas podes facer a tenda e algunha boa manta ou edredón servirache de saco. Unha vez dentro podes contar historias de medo, cantar, xogar ás cartas ou comer algo. Xa verás que ben o pasas.
CANCIÓNS DE ACAMPADA:
https://www.youtube.com/watch?v=TVjq6lLV9ts
https://www.youtube.com/watch?v=w3LU0WIY2v4
https://www.youtube.com/watch?v=oEO8dG_v3X8
BÚSQUEDA DO TESOURO: Esconderemos pola casa unha serie de pistas (3 ou 4 serán suficientes. As pistas serán papeliños onde aparezcan probas de ximnasia (saltos á comba, volteretas, facer o pino, explicar con mímica unha película, encestar nuha papeleira, etc.). Cada vez que se realice unha proba se dará unha pista para atopar a seguinte e unha palabra para completar a frase final. Na última pista, si se completa a frase final, atoparemos un tesouro fantástico (un xoguete, unhas poucas golosinas, unhos dibuxos, ou calquer outra cousa que vos faga ilusión). Deixámosvos un exemplo que ainda que é algo complicado, si tedes paciencia, pode serviros.
https://aulasgalegas.org/wp-content/uploads/2020/04/O-LADR%C3%93N-DE-ALIMENTOS.pdf

HISTORIAS DE MEDO: (Ollo!!! Só para os máis atrevidos)
https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=33&id=471
https://www.youtube.com/watch?v=KTzLYFxCMwE
https://arbolabc.com/cuentos-de-terror-cortos/el-holandes-errante

6 comentarios:

  1. Grazas Fran! Pena dunha quechua pequena, a nosa é das grandes, desas que requiren montaxe😅, pero o dos sacos no salón pode ser divertido!!!
    Carmen

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ja ja ja vai ser moito lío montar a tenda grande, eu teño unha pequena pero tiven que montala na terraza que o meu apartamento é moi pequeno. Imaxino o que estaredes inventando para pasar o rato...o luns xa será máis levadeiro podendo saír un ratiño. Apertas Carmen.

      Eliminar
  2. Profe a canción de Ani kuni gústanos moito. Enseñounola Ana Garcés cando nos disfrazamos de indios

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola chicas, eu tamén aprendina de pequeno cando iba de campamentos, agora xa poderemos cantala xuntos cando voltemos ao ximnasio. Faremos unha boa tribu. Bicos.

      Eliminar
  3. Hola Fran.Soy Leire. Yo ya hice una acampada con mamá y dormi varios días en la tienda. Besos Fran espero que nos veamos pronto un saludo Leire

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Leire, como vai todo? Qué ben que fixerades esa acampada. Seguro que pronto nos vemos e faremos unha no cole, menudo campamento imos montar. Un bico e moito ánimo.

      Eliminar

FEITO NA CASA

Antes de comezar coa clase de hoxe imos recordar un par de actividades que fixemos a semana pasada e que sairon moi chulas. O venres, 5-6-2...