luns, 27 de abril de 2020

SAÍNDO DA CASA

Que tal foi a acampada da fin de semana? Xa sei que Lúa, Noa de 4º de primaria e Abril de 4º de infantil pasárono pipa, xa vedes que campamento máis chulo montaron. Pois agora podemos saír un ratiño da casa, así que a mover esas pernas que estaran un pouco atrofiadas. Teremos que tomar moitas precaucións e aínda que coñecedes de sobra o que hai que facer non está demáis recordar os protocolos a seguir, clica no seguinte enlace antes de saír...
https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2020/04/El-Oso-goloso-CUENTO-DESCONFINAMIENTO.pdf
O primeiro que temos que facer e respirar aire puro e disfrutar das vista que necesitamos alegrarnos un pouco e despois a xogar. Aquí tedes unhas cuantas recomendacións:
XOGOS DE PATIO:
1. Colores, neste xogo, un o unha leva a pita e antes de saír a perseguir ao resto (con dous é suficiente), dice unha cor e esa vai ser a "casa" para os que escapan, é dicir, si logran atipar esa cor e tocalo, non ospoden coller.
2. Tulipán, o nome deste xogo, ten a súa gracia, refírese ao nome dunha manteiga que vendía hai anos que se chamaba así. Para xogar a esta persecución, só terás que poñer os brazos en cruz coas pernas abertas e xa estás en "casa". Pero quedarás así ata que outro xpgador pase por debaixo das túas pernas.
3. Tapa cú 21, neste xogo o único importante é atopar unha parede para pegarte a ela e que non te den no "cu". Todos seredes perseguidos e perseguidores co cal non te podes fiar de ninguén. Xa verás que divertido!
Xa vedes que con dous participantes chegan para poder xogar.
DEPORTES: Seguimos coas sesións de adestramento deportivo, hoxe repetimos co balónvolea, tranquilos mañá poremos algo de balonpé, veña a darlle duro!
https://www.youtube.com/watch?v=6Anc-umYs9Q&feature=emb_logo
 RELAXACIÓN:
https://www.youtube.com/watch?v=a2uDdt7UR_E
Serás capaz de facelos?

2 comentarios:

  1. Gracias Fran, pasárono xenial! Abril espertouse e tiven que recollela do campamento para non molestar as outras campistas. Unha noite distinta e seguro que repetiremos!

    Carmen

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Prepararvos que á volta facemos unha acampada no ximnasio...con xogos pola noite no campo de fútbol. É unha sorpresa non digades nada. Bicos.

      Eliminar

FEITO NA CASA

Antes de comezar coa clase de hoxe imos recordar un par de actividades que fixemos a semana pasada e que sairon moi chulas. O venres, 5-6-2...