mércores, 3 de xuño de 2020

PAISAXES DENDE CASA

Aquí tedes as fotos do reto PAISAXES DENDE CASA, espero que vos guste:
Moitas grazas a todos e todas os que participastes e esperemos que dentro de pouco podamos facer fotos dende o colexio.
Seguimos cun xogo para por a proba a nosa habilidade como constructores e pilotos de avións de papel:
Este é un modelo que funciona moi ben, pero seguro que atopades moitos máis, investigade.
Unha vez teñades os vosos avións preparade unha pista para ver cal voa máis lonxe:
Imos agora a movernos un pouco que o verán está cerca e temos que estar en forma:
IOGA E BAILE:
Elixe 5 posturas das que aprarecen na imaxe e repíteas un par de veces cada unha, será un bo quecemento.
Como xa sabedes este será o baile para a avaliación de 3º e 4º, hoxe toca repasar un pouquiño.
XOGOS E DEPORTES:
https://www.youtube.com/watch?v=bxXqSCovlJ4&feature=emb_rel_end
https://www.youtube.com/watch?v=q5tOPBUXyrU
Exercicios de coordinación para principiantes, adiante!!!

4 comentarios:

FEITO NA CASA

Antes de comezar coa clase de hoxe imos recordar un par de actividades que fixemos a semana pasada e que sairon moi chulas. O venres, 5-6-2...