Empezamos a semana con este programa da televisión que de luns a venres ás 9 da mañá recoméndanos uns adestramentos. Ainda que son para maiores sempre podemos aproveitar algún exercicio ou consello, espero que vos guste. OLLO! recordade sempre que a intensidade dos exercicios depende de cada un/unha. Importante tamén manter unha postura correcta nos exercicios e levar a respiración acompasada (hai que sonarse antes de empezar a clase).
Pois imos cos contidos de hoxe:
XOGOS DE OBSERVACIÓN: A ver si sodes capaces de correr e facer un dictado, podedes xogar cun equipo ou si sodes moitos (10 como máximo) formar varios equipos e ver cal acaba antes.
Neste xogo taparémoslle os ollos a un participante e terá que ir recoñecendo ao resto só utilizando o sentido do tacto, teremos que estar moi caladiños para que non nos recoñeza pola voz.
Clicando nas imaxes poderedes facer xogos de observación moi interesantes.ADESTRAMENTO DEPORTIVO: Agora toca algo de deporte...
Hola Fran,son Cristian de 2°,encantanme os xogos de observación e a montaxe das fotos dende a venta.Saudos
ResponderEliminarOla Cristian, alégrome que che gusten os exercicios e as fotos. Xa sei que eres un deportista de primera, seguro que estás a facer os exercicios e estarás en plena forma agora que chega o verán, apertas.
Eliminar