xoves, 30 de abril de 2020

DEPORTES NA CASA 3

Xa se acerca a fin de semana e non sería mala idea retomar a acampada na casa. Na foto tedes a que montou Izan de 2º de primaria, un saúdo para ti. E o resto dos amigos e amigas do cole veña animádevos xa veredes que divertido! Si queredes ter máis información clicade AQUÍ.
Non esquecemos o día de onte e seguimos cuns bailes do mundo. Tamén faremos un quecemento a base de comba con moito ritmo e dificultade. Por último engadimos uns adestramentos deportivos. Seguide ben as recomendacións e a moverse toca!
SALTAR Á COMBA:  Fai uns minutos de salto coa corda e despois clica na imaxe para ver algúns saltos imposibles.
https://www.youtube.com/watch?v=PUWg7fXnCf0
DANZAS DO MUNDO:
Unha muñeira algo diferente.
Agora trataremos de aprender algúns pasos de baile galego. (sentimos que teñan publicidade os videos pero non atopamos outros máis sinxelos) Vai clicando nos pasos para aprender o punto completo.
PASO 1     PASO 2     PASO 3     PASO 4     PASO 5     PUNTO COMPLETO

ADESTRAMENTO DEPORTIVO: Imos facer uns xogos de adestramento básico para o BALONMÁN.
https://www.youtube.com/watch?v=BN7ZCh0M_jY



mércores, 29 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

https://www.youtube.com/watch?v=cyAiRPI8E_g&feature=emb_logo
Hoxe 29 de abril a iniciativa do Commité Internacional da Danza celébrase o día internacional da danza e xa sabedes o moito que nos gusta danzar na clase de educación física. Si clicas na imaxe poderás ver o video promocional. Debaixo tes unha composición que fixeron os bailaríns da Compañía Nacional de Danza titulado "Eu bailo na casa".
https://www.youtube.com/watch?v=MT5bos8mEFY
Pois nós tamén imos bailar un pouquiño, aí van as recomendacións:
HISTORIA DA DANZA: Visualiza con atención o video e non perdas o ritmo.
https://www.youtube.com/watch?v=BDXBYZe6oVk
DANZAS DO MUNDO: Intenta bailar como se baila en diferentes partes do mundo, é moi fácil.
Son sete pasos e hai que ir sumando todos.
Ollo cos cambios de parella.
Un pouco máis difícil, ímolo intentar.

martes, 28 de abril de 2020

A UNHA MILLA DA CASA

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmestremanuelgarcia/node/737
A primeiros de decembro participamos na actividade de campo a través, quen se lembra? Pois agora que xa podemos saír unha horiña temos que empezar a correr un pouquiño. Hoxe vos propoñemos un RETO:
Quen se atreve a correr ou andar UNHA MILLA?
Claro, haberá algún ou algunha que non se lembre do que era unha milla, pois clicade no seguinte enlace e atoparedes toda a información...
https://www.carreraspopulares.com/noticia/las-otras-distancias-la-milla
E agora a seguir xogando coas recomendacións de hoxe:
BAILE: Este ano dende o equipo de Convivencia o proxecto que traballamos é "Convivir con..." por iso aquí tedes o baile das emocións.
https://www.youtube.com/watch?v=cpr7ttt1sOQ
XOGOS: A bolera do vento, observa o video e pon en marcha o xogo, adicámoslle este xogo a Leire de 4º de primaria.
https://www.youtube.com/watch?v=rjAj62MqBG8&feature=youtu.be
DEPORTES: Para os fanáticos e fanáticas do fútbol aí vai outro entreno moi interesante.
https://www.youtube.com/watch?v=lB2003gcIY0&feature=emb_logo

luns, 27 de abril de 2020

SAÍNDO DA CASA

Que tal foi a acampada da fin de semana? Xa sei que Lúa, Noa de 4º de primaria e Abril de 4º de infantil pasárono pipa, xa vedes que campamento máis chulo montaron. Pois agora podemos saír un ratiño da casa, así que a mover esas pernas que estaran un pouco atrofiadas. Teremos que tomar moitas precaucións e aínda que coñecedes de sobra o que hai que facer non está demáis recordar os protocolos a seguir, clica no seguinte enlace antes de saír...
https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2020/04/El-Oso-goloso-CUENTO-DESCONFINAMIENTO.pdf
O primeiro que temos que facer e respirar aire puro e disfrutar das vista que necesitamos alegrarnos un pouco e despois a xogar. Aquí tedes unhas cuantas recomendacións:
XOGOS DE PATIO:
1. Colores, neste xogo, un o unha leva a pita e antes de saír a perseguir ao resto (con dous é suficiente), dice unha cor e esa vai ser a "casa" para os que escapan, é dicir, si logran atipar esa cor e tocalo, non ospoden coller.
2. Tulipán, o nome deste xogo, ten a súa gracia, refírese ao nome dunha manteiga que vendía hai anos que se chamaba así. Para xogar a esta persecución, só terás que poñer os brazos en cruz coas pernas abertas e xa estás en "casa". Pero quedarás así ata que outro xpgador pase por debaixo das túas pernas.
3. Tapa cú 21, neste xogo o único importante é atopar unha parede para pegarte a ela e que non te den no "cu". Todos seredes perseguidos e perseguidores co cal non te podes fiar de ninguén. Xa verás que divertido!
Xa vedes que con dous participantes chegan para poder xogar.
DEPORTES: Seguimos coas sesións de adestramento deportivo, hoxe repetimos co balónvolea, tranquilos mañá poremos algo de balonpé, veña a darlle duro!
https://www.youtube.com/watch?v=6Anc-umYs9Q&feature=emb_logo
 RELAXACIÓN:
https://www.youtube.com/watch?v=a2uDdt7UR_E
Serás capaz de facelos?

sábado, 25 de abril de 2020

ACAMPADA

Xa estamos de fin de semana e que mellor diversión que marchar de acampada...ao salón, á terraza, ao cuarto ou calquer outro lugar da casa onde podamos montar a tenda de campaña. Se non tes nin tenda de campaña nin sacos de durmir non importa, cunhas sabas podes facer a tenda e algunha boa manta ou edredón servirache de saco. Unha vez dentro podes contar historias de medo, cantar, xogar ás cartas ou comer algo. Xa verás que ben o pasas.
CANCIÓNS DE ACAMPADA:
https://www.youtube.com/watch?v=TVjq6lLV9ts
https://www.youtube.com/watch?v=w3LU0WIY2v4
https://www.youtube.com/watch?v=oEO8dG_v3X8
BÚSQUEDA DO TESOURO: Esconderemos pola casa unha serie de pistas (3 ou 4 serán suficientes. As pistas serán papeliños onde aparezcan probas de ximnasia (saltos á comba, volteretas, facer o pino, explicar con mímica unha película, encestar nuha papeleira, etc.). Cada vez que se realice unha proba se dará unha pista para atopar a seguinte e unha palabra para completar a frase final. Na última pista, si se completa a frase final, atoparemos un tesouro fantástico (un xoguete, unhas poucas golosinas, unhos dibuxos, ou calquer outra cousa que vos faga ilusión). Deixámosvos un exemplo que ainda que é algo complicado, si tedes paciencia, pode serviros.
https://aulasgalegas.org/wp-content/uploads/2020/04/O-LADR%C3%93N-DE-ALIMENTOS.pdf

HISTORIAS DE MEDO: (Ollo!!! Só para os máis atrevidos)
https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=33&id=471
https://www.youtube.com/watch?v=KTzLYFxCMwE
https://arbolabc.com/cuentos-de-terror-cortos/el-holandes-errante

xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Hoxe 23 de abril de 2020 como xa vos dirían os titores e titoras celebramos o día do  libro. Por iso en educación física imos ter unha sesión especial. Comezamos!
APLAUSOS E BAILES:
Adicado a Brais de 1º pri un aplauso
Esta canción para Juan de 6º inf a bailar
Para Laura de 2º pri este baile tan marchoso, acordaste que o bailábamos?
CONTO MOTOR: Escoitaremolo conto e iremos facendo os movementos que nos indica, xa verás que como cansa.
LA RANITA MARTINA
XIMNASIA POR PARELLAS: Neste enlace tedes unhos exercicios para facer por parellas. Ollo non esquezades o quecemento e recordar o que dicíamos na clase, si temos calquera molestia temos que parar. Estes exercicios adicámosllos a Anxo de 4º pri que sabemos que está moi atento as propostas do blog ✨✨✨✨ e a Irene de 4º pri o exercicio 8 que é de bici 👏👏👏.
Adecarlle 10' será suficiente, preferiblemente os exercicios 1, 2, 8, 14, 16 e 19.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS: O rematar a clase e para relaxarnos, faremos un pouquiño de lectura.
https://www.youtube.com/watch?v=_M9A43eeeQY

http://leer-comics.blogspot.com/2019/02/coleccion-ole.html

mércores, 22 de abril de 2020

PASATEMPOS


Aquí tedes un par de pasatempos para que decidades cal é o deporte que máis vos gusta, veña a quebrar a cabeza. Pero como o noso mellor pasatempo é mover o corpo imos facer un pouquiño de ioga.
Non fai falta que imprimades a ruleta, podedes escribir os nomes en papel, colocalos en círculo e despois cunha botella no centro facédela xirar a ver cal toca.
Seguimos a clase cuns exercicios adicados aos que máis corren para saír ao recreo. Adiviñades quén son? Efectivamente,   os/as futboleros/as...       (nunha parte do video temos un circuito no ximnasio, nós substituirémolo por un circuito utilizando os pasillos, mesas, sillas ou calquer outro elemento da casa).
Antes de nada avisa aos maiores para que supervisen o xogo non vaiamos romper algo.
https://www.youtube.com/watch?v=jARlTstYBfs

Por último queremos celebrar o DÍA DA TERRA, 22 de ABRIL de 2020. Podedes utilizar os pasos de aeróbic que aprendemos estes días para bailar ao ritmo de Macaco (Moving) ou de Pablo Díaz (Ecoloxista).
https://www.youtube.com/watch?v=65qyXoiSGSI

https://www.youtube.com/watch?v=oOGr-e-yFgA

martes, 21 de abril de 2020

VIDEOS PARA APRENDER



Hoxe temos sesión especial de videos: O primeiro é un video que gravaron os nosos amigos Xan (5º pri) e Roi (4º inf) xogando cos seus globos cohete; a continuación veredes un partidillo no que uns rapaces da ESO simulan conductas a evitar no deporte; por último deixámosvos unha curtametraxe gañadora do Mendi Film 2018.
Disfrutadeos e aprender moito, eso sí, despois un pouquiño de movemento coa canción infantil o aeróbic e un xogo de habilidade. Imos aló!
CONDUCTAS INADECUADAS
https://www.desnivel.com/cultura/viacruxis-galardonado-corto-de-stop-motion-para-toda-la-familia/
XOGO: Fai unha tea de araña con cinta adhesiva ancha e a tirar bolas de papel.

luns, 20 de abril de 2020

DEPORTES NA CASA 2

Seguimos traballando algúns dos deportes que facíamos no cole pero intentando adaptalos ao confinamento. Coma sempre recordarvos que primeiro pidades permiso aos maiores para non estropear nada. Nalghún video aparecen elementos dos que non dispoñemos na casa; botándolle un pouco de imaxinación seguro que atopamos algo para substituilos: balóns de volei por balóns de plástico ou globos, pesas por botellas de litro cheas, lineas do campo por cinta aislante, carreiras largas polo dobre de carreiras curtas, etc.
Xa levamos unhos días sin facer algo de ioga e por suposto algún baile, repetimos por terceira vez ese tan difícil e que tanto nos gusta. (El patio de mi casa) 
Veña que xa me tarda o movemento!!!

IOGA E BAILES: Primeiro facemos 3 inspiracións profundas, cada vez que inspiramos imaxinamos o aire limpo que entra nos pulmóns cargado de osíxeno. Cada vez que expiramos pensamos no aire sucio que sae.
https://www.youtube.com/watch?v=MI1S5rM0ou0
O conto das mariposas
https://www.youtube.com/watch?v=WUol0rMWxAc
A ver si vos acordades deste xogo que facíamos no ximnasio, soy una serpiente.

Quecemento

BALÓNVOLEA: Deixamos aquí tres enlaces para adestrar este bonito deporte, o primeiro é para entrar en calor (moi divertido) e dos outros dous podes elexir un ou facer os dous, depende do valente que sexas.
Exercicios 1
Exercicios 2
VOLTA Á CALMA: Para rematar seguiremos practicando o baile de "El patio de mi casa".

https://www.youtube.com/watch?v=CQx5X8PDd5o


FEITO NA CASA

Antes de comezar coa clase de hoxe imos recordar un par de actividades que fixemos a semana pasada e que sairon moi chulas. O venres, 5-6-2...