xoves, 30 de abril de 2020

DEPORTES NA CASA 3

Xa se acerca a fin de semana e non sería mala idea retomar a acampada na casa. Na foto tedes a que montou Izan de 2º de primaria, un saúdo para ti. E o resto dos amigos e amigas do cole veña animádevos xa veredes que divertido! Si queredes ter máis información clicade AQUÍ.
Non esquecemos o día de onte e seguimos cuns bailes do mundo. Tamén faremos un quecemento a base de comba con moito ritmo e dificultade. Por último engadimos uns adestramentos deportivos. Seguide ben as recomendacións e a moverse toca!
SALTAR Á COMBA:  Fai uns minutos de salto coa corda e despois clica na imaxe para ver algúns saltos imposibles.
https://www.youtube.com/watch?v=PUWg7fXnCf0
DANZAS DO MUNDO:
Unha muñeira algo diferente.
Agora trataremos de aprender algúns pasos de baile galego. (sentimos que teñan publicidade os videos pero non atopamos outros máis sinxelos) Vai clicando nos pasos para aprender o punto completo.
PASO 1     PASO 2     PASO 3     PASO 4     PASO 5     PUNTO COMPLETO

ADESTRAMENTO DEPORTIVO: Imos facer uns xogos de adestramento básico para o BALONMÁN.
https://www.youtube.com/watch?v=BN7ZCh0M_jY



3 comentarios:

  1. Hola profe Fran,soy izan y lo pasé genial acampando en el jardín.un abrazo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Izan, xa vexo que non paras de facer deporte. Hoxe a clase foi un pouco máis difícil para os que non se nos da ben esto do baile verdade? Bueno tamén temos un pouco de balonmán para compensar. Apertas

      Eliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar

FEITO NA CASA

Antes de comezar coa clase de hoxe imos recordar un par de actividades que fixemos a semana pasada e que sairon moi chulas. O venres, 5-6-2...