luns, 20 de abril de 2020

DEPORTES NA CASA 2

Seguimos traballando algúns dos deportes que facíamos no cole pero intentando adaptalos ao confinamento. Coma sempre recordarvos que primeiro pidades permiso aos maiores para non estropear nada. Nalghún video aparecen elementos dos que non dispoñemos na casa; botándolle un pouco de imaxinación seguro que atopamos algo para substituilos: balóns de volei por balóns de plástico ou globos, pesas por botellas de litro cheas, lineas do campo por cinta aislante, carreiras largas polo dobre de carreiras curtas, etc.
Xa levamos unhos días sin facer algo de ioga e por suposto algún baile, repetimos por terceira vez ese tan difícil e que tanto nos gusta. (El patio de mi casa) 
Veña que xa me tarda o movemento!!!

IOGA E BAILES: Primeiro facemos 3 inspiracións profundas, cada vez que inspiramos imaxinamos o aire limpo que entra nos pulmóns cargado de osíxeno. Cada vez que expiramos pensamos no aire sucio que sae.
https://www.youtube.com/watch?v=MI1S5rM0ou0
O conto das mariposas
https://www.youtube.com/watch?v=WUol0rMWxAc
A ver si vos acordades deste xogo que facíamos no ximnasio, soy una serpiente.

Quecemento

BALÓNVOLEA: Deixamos aquí tres enlaces para adestrar este bonito deporte, o primeiro é para entrar en calor (moi divertido) e dos outros dous podes elexir un ou facer os dous, depende do valente que sexas.
Exercicios 1
Exercicios 2
VOLTA Á CALMA: Para rematar seguiremos practicando o baile de "El patio de mi casa".

https://www.youtube.com/watch?v=CQx5X8PDd5o


Ningún comentario:

Publicar un comentario

FEITO NA CASA

Antes de comezar coa clase de hoxe imos recordar un par de actividades que fixemos a semana pasada e que sairon moi chulas. O venres, 5-6-2...