venres, 17 de abril de 2020

XORNADA DE CLAUSURA DAS OLIMPIADAS

Pois hoxe venres faremos a xornada de clausura destas olimpiadas na casa. Teremos probas, entrega de medallas e algún video que nos ilustre sobre os deportes olímpicos...sempre con moito humor e teatro. Empezamos cun video de boxeo especialmente adicado a David e Cristian de 6º, xa veredes que risa...clica na imaxe para ver o video.
https://www.youtube.com/watch?v=eRYUAvjIHaI
Agora antes comezar coas probas un pouco de quecemento, imos botar un baile para pornos en marcha: O BAILE DO MOVEMENTO (fai clic no enlace seguinte)
https://www.youtube.com/watch?v=1I3aMmVjMaY
Estas son as probas de hoxe:
1.- BALOMPÉ PARA PROFESIONAIS: adestramento adicado aos fanáticos do fútbol, con agarimo para Manu de 5º. Pedídelle permiso aos vosos país non vaiades a romper algo.
https://www.youtube.com/watch?v=8VxroYI0Ppc
2.- GLOBO COHETE: Esta é unha proba cooperativa con toda a falmilia, tedes que construir un globo cohete e ver quen lle da máis aire ao seu globo, nunca falla!
https://discoverexplorelearn.com/balloon-rockets/

3.- ENTREGA DE MEDALLAS: pois chegou a hora de rematar estas olimpiadas e para isto faremos un podium e entregaremos unha mazá aos gañadores. Recordas o video que puxemos onte? (podes volver a visionalo facendo clic AQUÍ) Por certo non deixedes a ninguén dos que estades na casa sin premio.
https://www.bbc.com/mundo/noticias-america-latina-37064447

3 comentarios:

  1. Fixemos o do globo e ganei eu unha das veces e outra Roi.A verdade é que molou.Logo seguimos probando ata que explotaron globos.Foi divertido

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xa vin o video, qué divertido veros disfrutar coas propostas de educación física, mañá xa o poño no blog.

      Eliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar

FEITO NA CASA

Antes de comezar coa clase de hoxe imos recordar un par de actividades que fixemos a semana pasada e que sairon moi chulas. O venres, 5-6-2...