Na imaxe tedes o que será o escenario principal das competicións
olímpicas no 2021, o Estadio Olímpico de Tokyo. O noso estadio olímpico
será o salón da casa, non o cres?
Antes de nada imos facer un repaso do que son as olimpiadas e a súa historia, clica nos enlaces e entenderás mellor este evento deportivo:
Agora imos a pola segunda xornada destas olimpiadas na casa:
1.- LANZAMENTO DE XABALINA: cunhas palliñas e unhos platos de plástico a ver quen é o que chega máis lonxe.
2.- BALOMPÉ: Reta aos teus familiares a un destes 10 exercicios de balón que propoñemos no video. Pedídelle permiso primeiro aos vosos pais non vaiades a romper algo.
3.- CARREIRA DE OBSTÁCULOS: No seguinte enlace tedes varias ideas para preparar unha carreira de obstáculos na casa. Collede un cronómetro, o do móbil de calquer adulto servirá e a ver quén é o que tarda menos en facer o percorrido.
Bueno facede un reconto das victorias de cada un que mañá teremos entrega de medallas.
Como sempre rematamos cun pouquiño de baile. O baile de Don Lumusical é un pouco difícil no? Bueno xa o repasaremos máis adiante. Hoxe podemos practicar con estes pasos de aeróbic. Disfrutádeos...
Estás probas molan!
ResponderEliminarAlégrome que che gusten,ánio e tódolos días un pouquiño
EliminarOla profe Fran, non sabíamos que estabas pondo actividades no blog. Estamos practicando fútbol con papi, facemos exercicio, bailamos.... Este fin de semana toca olimpiadas!!! Gracias de Lúa e Noa
ResponderEliminarOla familia, alégrome que sigades cos exercicios, correde a voz entre os compañeiros e compañeiras para que fagan comentarios e sigamos en contacto por este medio. Qué ganas teño de que podamos facelos todos xuntos no ximnasio. Bicos.
EliminarVale Fran ,a ver se podemos sair pronto.⚽️😀
ResponderEliminarClaro que sí, agora xa é cuestión de paciencia...respirar profundo e pensar no que faremos á volta, Apertas.
EliminarGustoume o video de balon pé
ResponderEliminarAlégrome que che gustara, iremos facendo un pouquiño de todo e balómpé tamén. Recordas a teima que tiña para que xogaramos a outras cousas que non fose fútbol? Ja, ja, ja. Xa boteremos un partidiño cando nos vexamos.
Eliminar