Aquí tedes as solucións aos xogos que propuxemos o día 22 de abril. Foi Izan de 2º de primaria quen nos enviou esta sopa de letras e encrucillado. Adicado a él vai esta oca da condición física. Facede un bo quecemento porque hoxe imos cansarnos un pouco:
Clica na imaxe para ver como se xoga |
Non esquezas que as recomendacións de educación física son para facer algo de exercicio tódolos días, podes facer unha, ou dúas ou todas. Tamén podes voltar atrás e repetir algunha das que xa fixeches. Cando remates deixa un comentario para saber a túa opinión, deste xeito estaremos en contacto e poderemos facer actividades que nos gusten a todos e todas. Pois aí van as recomendacións:
XOGOS SINXELOS:
ADESTRAMENTO NA CASA: Elabora un circuito de adestramento utilizando 3 dos exercicios que propoñemos a continuación, descansa 1 minuto antes de pasar ao seguinte exercicio. Repite o circuito dúas veces. Vamos!
CONTIDOS TEÓRICOS: Facendo o xogo que aparece no enlace aprenderás o que son as cualidades físicas básicas. (Indicado para 5º e 6º)
Ningún comentario:
Publicar un comentario