Sabes de onde é a foto? Acertaches, é unha foto do colexio que aparece no Google Maps, clicando enriba dela accederás á visualización de 360º e poderás ver distintos lugares do cole. Xa verás que interesante!
Na Educación Física é moi importante que estudemos a orientación, con ela traballaremos o cerebro e tamén o noso corpo.
- Como se non saberíamos onde están os nosos compañeiros e compañeiras para pasarlle o balón nun partido?
- Saberías chegar ao cole dende a túa casa se non superas orientarte?
- Ou para buscar un lugar de acampada no monte, saberías facelo sin a orientación?
- Aínda máis sinxelo, como faeríamos unha viaxe sin saber interpretar o navegador do coche?
Imos facer uns exercicio para iniciarnos na orientación e a interpretación de planos. (Traballo recomendado para 4º, 5º e 6º)
1.- Identifica no seguinte paisaxe os distintos elementos que aparecen nas cuadrículas:
2.- Imaxina que agora estas vendo o paisaxe dende un satélite e debuxa un croquis sinxelo do que verías, utiliza unha cuadrícula en blanco para que sexa máis fácil:
Rematamos coas recomendacións. (Traballo para alumnado de 1º a 3º)
XOGO NO ORDENADOR:
Clica na rosa dos ventos e aprende a orientarte. |
RESPIRAMOS: Recorda que primeiro faremos as 5 inspiracións por cada orificio nasal para comprobar que están limpos.
Clica na imaxe para escoitar un conto antes de ir á cama. |
XOGOS: Con un pouco de material de reciclaxe xa verás como afinamos a puntería.
Ningún comentario:
Publicar un comentario