Quédanos por dar un tema importante na área de Educación Física, é o de saber cuidarnos e coidar aos nosos amigos en caso dun accidente. Evidentemente nin somos médicos, nin poderemos actuar en todos os accidentes, pero si debemos ter uns coñecementos para saber actuar ante unha pequena ferida ou algunha lesión ao facer exercicio.
O fundamental nos primeiros auxilios é saber o que facer e o que non facer. Aprenderemos este sinxelo protocolo de actuación e despois iremos estudando como actuar en cada caso:
NON ESQUEZAS NUNCA ESTA REGRA |
E recorda moitas veces é máis importante non meterse onde non sabes antes de facelo mal e causar máis danos dos que xa había.
Aquí tedes un manual de primeiros auxilios, estudiadeo un pouco e despois xogade a ser socorristas:
Manual de primeiros auxilios |
Xogo de primeiros auxilios |
Por último seguimos repasando algunhas actividades que entrarán para a avaliación final. Tranquilos que aínda non é o examen, a semana que ven iremos dando instruccións de como faremos:
Xogo "soy una serpiente" |
https://www.elcaudelfons.com/es/materias/educacio-fisica-en-primaria/103-la-oca-de-la-educacion-fisica |
Ningún comentario:
Publicar un comentario