martes, 26 de maio de 2020

LABORES DOMÉSTICAS

Agora que non vamos ao cole e pasamos tanto tempo na casa temos a obriga de axudar todo o que poidamos na casa, fíxate si hai cousas que facer:
Pero non podemos esquecer cuidar o corpo e ter bos hábitos posturais, traballaremos na casa pero con boas posturas. Procura estudar ben os seguintes gráficos e comenta coa familia que lles parece.
Evita malas posturas de espalda
Traballa sempre erguido
Clica na imaxe para ver a información completa
E despois de traballar na casa, un pouquiño de exercicio virá xenial, vamos coas recomendacións:

BAILE E IOGA: Tódalas semanas repetiremos estes dous videos para que podamos aprendelos de cara ao fin de curso. Esta sección vai para os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria.
https://www.youtube.com/watch?v=VYrT5t8STjIhttps://www.youtube.com/watch?v=0VuUuz_ZVNI

XOGOS E EXERCICIOS: Imos facer uns exercicios co pau da vasoira e uns xogos para disfrutar da casa limpa.
https://www.youtube.com/watch?v=x7k0EL73a5Yhttps://www.youtube.com/watch?v=Gn7k_xNXYBc

ADESTRAMENTO: Aquí deixamos un reto para facer cos amigos.
https://www.youtube.com/watch?v=WAGJDvTBbbk

2 comentarios:

  1. Hola Fran,gustounos moito o reto pero non temos nenos para poder facelo e mandarte un video

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non te preocupes, cando nos podamos xuntar farémolo entre todos e todas

      Eliminar

FEITO NA CASA

Antes de comezar coa clase de hoxe imos recordar un par de actividades que fixemos a semana pasada e que sairon moi chulas. O venres, 5-6-2...