Xa estamos rematando o trimestre e temos moito material para traballar. Imos facer un repaso dos exercicios propostos. Cal che gustou máis? Elixe o que prefiras e volve facelo concentrado e disfrutando agora que xa o coñeces.
Tamén propomos para hoxe un reto: na asamblea familiar elexide un exercicio que vos guste, saltar tan alto como poidas, facer unha sentadilla, facer unha flexión, pasar por debaixo da mesa, facer un xiro de balet o que queirades. Cada vez que na casa alguén diga as palabras CORONAVIRUS, COVID-19, VIRUS todos deberemos facer o exercicio elexido 10 veces, verás que divertido.
Nas recomendación de hoxe temos un baile e unha sesión de ioga que xa coñecedes. Ademáis un video para aprender a facer malabares e unhos xogos para pasalo en grande. Veña imos aló!
BAILE E IOGA
XOGOS
XOGOS DE PASILLO
Prepara un camiño de obstáculos como o da imaxe. No corredor, un cuarto estreito ou unha porta con fios de lá, cintas de papel ou unha goma e cinta adhesiva. Temos que pasar sin tocar a cinta. Que difícil!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario