Que tal foron onte eses retos? Xa vedes que é unha maneira divertida de pasar o tempo. Hoxe imos intentar un reto diferente. Seremos capaces de xogar a algún deporte na casa? Os deportes que máis traballamos foron badminton, baloncesto, balonmán, balonpé, loita olímpica, ximnasia, atletismo e ringol.
Hoxe empezamos polo badminton: buscade pola casa e seguro que atoparedes algo de material para reciclar, unhos pratos de plástico, unha regla, pau, etc. que nos faga de mango, unha folla de periódico ou un globo e cinta adhesiva.
Non esquezades facer algo de quecemento e relaxación. No último enlace de hoxe tedes unha proposta para debatir na asamblea familiar.
IOGA E BAILE: Os animais do mar
Ningún comentario:
Publicar un comentario