Xa temos as primeiras fotos de paisaxes dende a ventana, moitas grazas a Noa e Daniela de 2º e María de 5º de primaria. Queremos recordarvos o novo correo electrónico onde podedes mandar as fotos de paisaxes dende a túa ventá:
educacionfisicaoia@gmail.com
Utilizaremos este correo para máis actividades e a través del recolleremos os traballos de fin de curso. Tamén podemos seguir en contacto cos comentarios no blog e 5º e 6º de primaria con edixgal.
Por último non deixedes de participar no xogo do luns, 18-5-2020 fotos de paisaxes, mañá publicaremos as solucións. Lucía, Adrián e Alba de 2º e Hugo P. de 4º de primaria, xa mandaron as súas respostas, grazas por participar.
Imos coas recomendacións de hoxe:
XOGOS NA CASA: Comezamos repetindo uns xogos que nos gustaron moito, algo de imaxinación e puntería serán suficientes.
ADESTRAMENTO DEPORTIVO: Despois de ver a promo de balonmán, realiza os exercicios propostos no video, non é tan fácil!!!
RELAXACIÓN: Imos visionar un corto que nos fará pensar un pouquiño, deixa o teu comentario do que pensaches despois de ver o video
RELEVO DE GARRAFAS |
EXERCICIOS DE COORDINACIÓN |
Ningún comentario:
Publicar un comentario