martes, 14 de abril de 2020

VOLTA AO COLE

Despois destes días de descanso xa estamos de volta para seguir coas nosas rutinas de xogos e exercicios de Educación Física. Recordarvos que son recomendacións e seguro que se vos ocorren moitísimas máis actividades. Non tedes que facelas todas nin na orden que vos propoñemos, si queredes repetir algunha que apareza nas entradas anteriores pois fenomenal. Como sempre non esquezades facer unhas respiracións profundas antes de empezar e un pequeno quecemento. Ao rematar é bo relaxarse pensando no que fixemos e prestando atención ao noso corpo, como nos sentimos e os beneficios que nos aportou a actividade.
É moi importante que o lugar onde traballemos esté ben ventilado e que sexa cómodo para movernos (dentro das posibilidades, que son poucas ao ter que estar confinados na casa). Avisaremos sempre a unha persoa maior para non estropear nada, sobre todo si xogamos con algunha pelota ou calquer outro elemento que teñamos que lanzar ou si o exercicio e moi brusco e imos movernos moito.
Espero que disfrutes moito e ánimo, 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

FEITO NA CASA

Antes de comezar coa clase de hoxe imos recordar un par de actividades que fixemos a semana pasada e que sairon moi chulas. O venres, 5-6-2...